Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Máximo respeto e admiración aos siareiros que onte se meteron 12 horas de autobús para padecer o bodrio futbolístico perpetrado por Móstoles e Arenteiro no municipal de El Soto.
Cando dous equipos saen coa idea de que un empate non é mal resultado o normal é que empaten a todo. Moi pouco fútbol e menos ambición. Da a sensación de que o Móstoles nin quere nin pode (salvo os 10 minutos finais de vergoña torera onde inquietaron algo). O Arenteiro algo máis parece poder. Querer non sei si quere. A sensación que me deron as imaxes de footers é que cando o Arenteiro deixou de dar pases en diagonal entre os centrais e patadóns ao aire de Diego, subiu algo as liñas e se puxeron a xogar Alex, Cruz, Renan e cía, o Móstoles recuou totalmente. Eles non deron 3 pases con xeito en todo o partido ( e iso sí que é merito verde o facer q cada rival co q xogamos pareza unha podremia de equipo).
Un punto na casa non é mala cousa. A sensación de todas formas é que eramos mellores e eles tampouco fixeron moito por ir a polo partido. Xa veremos se a base de empates nos vale para salvarse en esta liga tan igualada.
Si se trata de que os equipos dependan dos seus socios, ahi a lei fixose a carta e obliga os equipos a ser sociedades anonimas menos os equipos que todos sabemos
Si do que se trata e xogar o futbol con xente da casa aspirando a xogar o mais arriba posible eso xa o fan moitos equipos, en cabeza o athletic, e xoga na primeira division
Tineo1941 Desde a capital; cantidade de xente leva dous anos esperando o batacazo. Celebrarano máis que un ascenso propio.
Desde a refundación, todo o que non sexa “fútbol popular” non sirve ou están enganados, un fútbol popular ao que caeron por obriga despóis dunha ruina total e absoluta, non por devoción como se empeñan en vender.
Eu a tres anos vista non son capaz de acertar, non son pitoniso; pero sempre hai quen cre que pode facelo coa virtude da sabedoria absoluta.
Incluso hoxe aproveitas pra vir tirar as cartas e adivinar o futuro, pronosticando o desastre, pero nós; os gurús, somos os que falamos mal e faltamos ao respeto.
Unha realidade; un gañado de sete. É a directiva pedindo creto para salvar a tempada. Despois os gurús falando mal e faltando ao respeto de outras formas ou proxectos de futbol. Veremos en dous ou tres anos a situación de cada quen.
Sen acritude
O maximo nun xogo como o futbol é relativo, outra cosa é o que dure. Amorebieta. Hai equipos como o mandril ou o farsa que é menos relativo porque multiplican por un millon as posibilidades e ainda asi caen excepcionalmente
Con todos os meus respetos, pero penso que hai bastante diferencia de ver en Espiñedo a Pontevedra ou Salamanca, que o Arnoia...é unha cuestión de aspiracions, e o Arenteiro, a día de hoxe está no máximo o que pode aspirar.
Por certo, parece que dentro de pouco podemos ter videomarcador e alumeado novo...
Sen menosprezar a ninguén, prefiro ver o Arenteiro pelexando de ti a ti con Pontevedra ou Compostela que non co Arnoia ou co Ribadavia, simple cuestión de aspiración.
No fútbol, coma na vida; tes a opción de acomodarte e vela pasar por diante, ou tratar de prosperar e progresar. Sempre cos pés na terra.
Ollo que pra ser unha merda de liga con rivais que non coñece ninguén, menudo balbordo tiñades montado na Estrada o ano pasado queimando os últimos cartuchos pra tentar subir. Canto menos irónico.
Home Galgu. Eu non sei de onde ven a xente. O que sei é que este ano o campo está máis cheo que estaba na terceira. E cando estabamos na terceira estaba máis cheo que cando xogabamos na preferente. De onde veñen a mín impórtame pouco. Gústame ver o campo cheo.
Co Estradense levamos moitos anos coincidindo en terceira e preferente e asegúroche que nunca desplazaron o que desplazou o outro día o Compostela.
Pedazos de equipos cos que vai xogar o Arenteiro.Liga excitante e super atractiva con desplazamentos cortos e super taquillas.O Compos levou a mais de 2000 persoas?
Baixan 5 seguro. O mellor sexto pola cola dos 5 grupos sálvase. Os outros 4 sextos pola cola xogan a un partido en sede neutral. Os que perdan ese partido tamén baixan.
Polo tanto en 3 grupos baixan 5 e en 2 grupos chegarán a baixar 6.
Vexo ao personal moi convencido de que non baixa ningún galego pero a pouco que a cousa se de mal pode haber un sindiós de arrastres. Eu non teño nada claro q non vaia a baixar algún dos q ti dis.
Comenzamos unha nova xeira de partidos penso que da nosa liga:
Móstoles, Leganés, Bergan, Palencia, Marino e Llanera. No meu parecer ningún destes equipos vai a estar entre os 7 ou 8 primeiros. Logo de tutear a Pontevedra, Salamanca e Compos parece lóxico pensar que deberíamos ascender na clasificación despois de enfrentarnos contra estos equipos. Vista a experiencia do que vai de liga e do ano pasado (atragántanse os máis débiles) xa non sei que esperar.
Polo que vin do Móstoles é un equipo batible. Se nos estamos mal atrás eles están peor. Teñen un tronco arriba que igual nos fai sudar.