Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
Tarjetas del Marino Luanco
Dennis (Dennis Diaz Fernandez)
Javi Alvarez (Javier Alvarez Gonzalez)
Adolfo (Adolfo Gonzalez Rodriguez)
Borja Álvarez (Borja Fernández Álvarez)
Dailos Tejera (Dailos Tejera Machín)
Guaya (Guayasén Sánchez De La Nuez)
Merayo (Alvaro Merayo Martin)
Morcillo (Jorge Garcia Morcillo)
Muñiz (Alejandro Muñiz Garcia)
Orfila (Pedro Orfila Artime)
Alex Arias (Alejandro Miguel Arias De Haro)
Diego Díaz (Diego Díaz Álvarez)
Guille Pinín (Guillermo Sánchez Pinín)
Hugo Salinas (Hugo Gonzalez Salinas)
Lora (Alberto Lora Ramos)
Maxim (Maxim Fernandez Muret)
Nacho Matador (Ignacio Matador Aguilera)
Aleman (Alexander Aleman Bautista)
Cesar Garcia (Cesar Garcia Menendez)
Estebanez (Miguel Estebanez Artime)
Isma Cerro (Ismael Cerro Sanchez)
Marcos (Marcos Rodriguez Esteban)
Miguel Cuesta (Miguel Cuesta Gutierrez)
Oscar Fernandez (Oscar Fernandez Gago)
Aquí se muestran los jugadores que han participado en el partido (titulares y cambios). ¿No encuentras jugadores? Puedes anunciar cambios ó + Añadir jugadores
É o que ten ter tanto ego, e que che traigan os xogadores que pides. Por qué igual Ainda se pode queixar da plantilla que ten.
En fin. Forza equipo.....
Hoxe ía saír a defender a franjusto porque hai cousas que non se deben facer e porque os 3 regalos da primeira parte non creo que sexan responsabilidade directa súa. Logo é cando poño a Radio Galega e vexo que non fai falla. É tan fantasma que non lle fai falla capote ningún.
Hoxe contra un equipo que vai a estar abaixo arrancamos con 4 centrais puros e o carrileiro esquerdo máis defensivo. Dame pánico cando vaiamos a Avilés con que imos a saír.
No descanso fixemos 3 cambios e cambiamos o debuxo. O normal era que nos caerá un saco pero estivemos preto de puntuar. Pasaron varias cousas: Arce (a pesar do mobbing para que abandone o barco e deixe sitio e a pesar de non ter apenas minutos) é moito máis profundo que Germán (non se podía saber). Naveira non encara nin a Florinda Chico. Entra o sevillano e comezamos a facer perigo pola súa banda (non se podía saber). Entra Markitos (un rapaz que xoga co 6) e comenzamos a ter algún peligro máis entre liñas e de paso filtra varios balóns peligrosos (nos somos mais de xogar en horizontal) e arranca un penalty mentres suxeita a 2 defensas e pincha a pelota. Melloramos con Markitos (non se podía saber) Cando cambiamos os 4 centrais que tiñamos no campo e metemos xogadores de ataque fixemos ocasións (o na primeira parte) Tampouco se podía saber.
Hoxe tonto de mín pensei que franjusto diría na rolda de prensa que errou co plantexamento de saída (o de sempre, por outra parte). Pois non. Dixo que estabamos ante os mellores xogadores da historia do Arenteiro. Logo miro atrás e penso en Pichi, Víctor Arias, Sobrino, Ney, Santi, Quecho... e hai que acabar mandandoo a tomar polo cu aínda querendo ser diplomático
Portela é humano e comete erros; ata aqui razonable.
O que non é permisible é que se encare coa grada perdendo 0-3 aos 30 min, sendo parte implicada en 2 dos 3 goles e fallando pases e despexes a tutiplén.
Markitos e Arce, especialmente o primeiro; pisaron o ego do que fai as aliñacións tódalas semanas, demostrando en 45 min que merecen minutos e oportunidades.
Dos 6 puntos “gañables” na casa, en dous partidos consecutivos sumamos a friolera de 0, fundíndonos na clasificación contra rivais cos que nos tocará pelexar a final de temporada por unha plaza de salvación. Levamos 11 xornadas e queda tempo, pero as oportunidades escapan.
A mín Palencia gustoume en actitude e proposta pero creo que son serios candidatos a baixar e estarán na nosa pelexa. Marino máis do mesmo. Abaixo xa se empezan a ver cousas e salvo Coruxo que debería ir subindo e Segoviana que penso que tamén xa cada un vai collendo sitio. Non todo é un drama. Mellor que os siareiros do Salamanca estamos (3 goles en 10 partidos)
Acabo de ler que se lesionou de certa consideración Héctor. Se a lesión é longa ver a quen lle dan a patada para meter a Pol Bueso. Aposto por Arce, cousa que lamentaría moitísimo.
Estou lendo a noticia da Rexión que enlazou o compañeiro Paco e estou moi de acordo co titular que aporta Cruz: o fútbol vai de metela. Extrapolable a outros ámbitos da vida, que dúbida cabe.
Dou por suposto, que Sylla, Markitos ou Jony, ou outra xente de medio campo estan peor, pero vai ter que darlles mais minutos si os titulares non poder aguantar ata o final. E apurar case todolos trocos, porque parece que non aguanta o fisico ata o final
Estou dacordo ó 90 por cento con Paco. Pecharse atras co marcador fixose toda a vida pero si non das saido nada á contra acabas asi. Para min o tema ë si é un tema fisico. Si é por eso, ten que dar mais minutos ós outros 3 ou 4 xogadores nos que confia algo o adestrador.
"Cuando nos pusimos por delante nos pasó un poco lo de siempre. No fuimos capaces de tener posesiones largas, llevar el control del partido y nos metimos un poco atrás y al final eso se paga"
A franjusto ten que sudarlle moito os collóns o que dicimos aquí entre caña e aceituna.
Aquí ninguén lle quitou méritos a franjusto. O pasado está aí. Leva 4 anos dispoñendo de bos mimbres e sempre cumpriu ou superou o obxectivo previsto. Parece unha parvada pero iso non o fixo nin Zidane. Tamén e certo que franjusto carece da flor no cu que ten o galo.
Eu o que expoño é o que vexo. 45 minutos moi bos cun estilo "pouco vistoso" para os puristas pero que a mín encántame. E logo, o canguelo, a desfeita ou o que sexa.
Dicir que perdimos polo de Eimil (que é un acto reflexo, non un erro) non me vale. O Palencia antes de iso xa tirara 3 corners seguidos e xa nos tiña absolutamente a mercede. Era cuestión de minutos que empatasen. E é lóxico porque 40 minutos metidos na túa área non os aguantas prácticamente nunca.
Eu non estou sordo e escoito o que fala a xente ao meu arredor e non é unha manía miña. A percepción xeral dunha parte do público é que o equipo ten 2 caras. Unha que dura ata que fai gol e outra moi distinta cando vai por diante e comeza a botarse atrás (cansancio, orden do mister, o que sexa...) A cara boa é moi boa, tan boa que se lle pode mirar aos ollos a calquera. A cara mala é pésima porque nin se xoga nin se fai por xogar. E van moitos partidos xa co mesmo guión (Salamanca, Leganés, Pontevedra, Langreo, Palencia...) como para que sexa unha casualidade. ¿Ten explicación franjusto a isto? ¿sabe como poñerlle remedio? Da resposta depende o noso futuro na categoría.
Se en algo coincido é que ningún rival foi quen de poñernos contra as cordas e a falta de pegada estanos lastrando á hora de sacar puntos.
Ocasións creamos, pero somos incapaces de materializalas.
O sistema de xogo o ano pasado serviunos pra coronarnos campións e conquerir o ascenso con autoridade; iso é indudable. Pero que non temos outro recurso independentemente de como avance o partido, polo de pronto tamén é innegable.
Son da opinión de que os cambios chegan tarde, non podes someter aos rivais a unha presión asfixiante os 95 min que dura o partido cos mesmos 11 que empezas; iso estase traducindo nun baixón de rendimento bestial e o retroceso do equipo cara a área propia, e polo tanto dando facilidades aos rivais.
En ningún momento penso que se lle faltara ao respeto ao corpo técnico ou xogadores, son meras opinións de barra de bar, o traballo de todos é loable, e a entrega absoluta totalmente incuestionable.
Cando iste equipo mellore a puntería, estou seguro de que irá para arriba na clasificación. O Palencia non foi superior ó Arenteiro, gañou por unha xogada que nunca debeu de pasar, (Que un xogador xogue a porteiro). Non está sendo fácil a adaptación a categoría, todo moi parexo, pero a pesar dos grandes nomes de equipos, sigo sin ver a ningún que nos pasara por riba...mérito dos xogadores e corpo técnico. Por suposto respetando todas as opinións, si me permitides a expresión, paréceme alucinante que se de tanta caña o entrenador. A expresión de que a memoria é moi curta no fútbol colle significado na súa máxima expresión. Coma sempre, o tempo é ise xuiz insobornable que pon a cada un no seu sitio.