Solicitar jugadores del

Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.

Avisar de información errónea

¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.

Alineación del Coruxo FC
Alineación del CD Arenteiro
Goles
¡Gol del Coruxo FC!
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos
Debes estar logueado para enviar eventos

Pronósticos: 9 Hacer quiniela

89% Coruxo FC
11% CD Arenteiro
Debes loguearte para insertar un nuevo comentario. ¿No tienes cuenta? Regístrate gratis

56 comentarios publicados

SeareiroArenteiro 05 Dic 2021, 15:19
Denunciar

Bergantiños, Palencia, Marino, Llanera, Gimnástica e Coruxo. 3 puntos en 6 partidos contra os rivais da nosa enxundia. E agora vén o Tourmalet: Adarve, Navalcarnero, Avilés. Non é fácil ser optimista se non se pega un volantazo.

O Bergantiños ten o mesmo bloque do ano pasado e non creo que sexan mellores xogadores ca os nosos. E aí están na Liga e na Copa.
Editado 05 Dic 2021, 15:23  Votación cerrada

Paco_Mentarista 05 Dic 2021, 14:52
Denunciar

A franjusto agora mesmo penso que o deixas solto en Ourense e non sabe chegar á casa. Non sabe de onde lle pega o aire. Está desbordadísimo.
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 05 Dic 2021, 14:44
Denunciar

Xa sabes que non
Editado 05 Dic 2021, 14:51  Votación cerrada

JonDillinger 05 Dic 2021, 14:07
Denunciar

E Fran si sabe en qué categoría está? Quen fixo a planificación? É nefasta! Únicamente conta
con 13 tíos. Os xogadores están agotados físicamente porque non rota, e mentalmente a situación empeza a ser agónica.

Se empezamos gañando, pechamos o equipo atrás e esperamos a que nos remonten. Se nos poñemos por detrás no marcador coma hoxe, somos incapaces de facer cambios no debuxo pra tratar de revertir a situación, de verdade no 87 sacas un central pra quedar cunha defensa de 4? Despois de ir 75 min por detrás e perdendo cun rival directo, estando cuartos pola cola? É un puto insulto!

Espiñedo leva meses vendo a mesma película, e os finais aborrecen. Coido que pra mal del, a grada deixará de ser tan benévola. Que non teña os santos collóns de encararse co respetable como no último partido.

Editado 05 Dic 2021, 14:47  Votación cerrada

Paco_Mentarista 05 Dic 2021, 14:00
Denunciar

A dinámica do equipo xa non anima moito. Se a mellor nova do ano é que xogamos en Ourense contra o Valencia apañados estamos.

A ver si facedes moitos socios de Ourense cando voltedes a Preferente.
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 05 Dic 2021, 13:34
Denunciar

Sylla non esta, Jony non pode, Raul Blanco ainda non sabe en que categoria esta, Markitos esta desconectado do xogo , Arce debe estar escarallao como decimos aqui... Ten que meter os goles Renan e asi estamos...
Editado 05 Dic 2021, 13:35  Votación cerrada

SeareiroArenteiro 05 Dic 2021, 13:17
Denunciar

14 xornadas, 13 puntos, 12 goles a favor. Non hai nada máis obxectivo que os fríos datos. Verdades e relatos difíciles de tragar. Fai falla un cambio de rumbo, espero que non sexa demasiado tarde.

Hoxe o Coruxo, que levaba 2 meses sin gañar, pégamos un meneo de acabar 4-0 se non chega a ser por Diego. Sin balón e xogando á contra ante unha liña de cinco defensas. Kafkiano.
Editado 05 Dic 2021, 13:18  Votación cerrada

Roblecito2018 05 Dic 2021, 13:05
Denunciar

Resultado totalmerenete merecido do Coruxo, incluso corto. Mala nova, o equipo vai para abaixo, cada partido empeora as súas prestacións. Por certo, outra mala nova, o paartido de copa casi confirmado que será no Couto. Mal fin de semana...
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 05 Dic 2021, 13:04
Denunciar

O Coruxo desde o gol xogou cos nervios do Arenteiro e pudo meter mais goles á contra. O plantel e corto e van ter que xogar por salvarse. Ningunha sorpresa. O bo, tamen merito do adestrador, e que o equipo non se deixa levar. Salvou o gol do empate o porteiro do Coruxo na derradeira xogada.
 Votación cerrada

JonDillinger 05 Dic 2021, 13:04
Denunciar

75 minutos por detrás do marcador, e o único cambio que fas na pizarra é no 87 sacando o terceiro central por Markitos; o resto home por home, previsible, infumable, insufrible…

Media liga, nin 15 puntos. Esa é a realidade, o resto historias pra non durmir.
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 05 Dic 2021, 13:02
Denunciar

Vai dicir o que dixen eu agora Gondo2000. Repítese máis co allo. O triste é que aínda ten xente enganada.
 Votación cerrada

Gondo200 05 Dic 2021, 12:58
Denunciar

haber que chorradas dice o Fran justo na rolda de prensa
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 05 Dic 2021, 12:57
Denunciar

Resultado inxusto. Chegaron unha vez e fixeron un gol. Diego nin manchou os guantes. En canto estemos máis finos da definición xogamos a Champions. Hai que seguir co Plan. Imos no camiño correcto. O importante agora é non tocar nada do que está funcionando.

 Votación cerrada

Gondo200 05 Dic 2021, 12:57
Denunciar

o único que se salvou foi Diego García que vos mantivo no encontró coas días paradas se non caianvos 4.
Foi o único que chegou o partido o resto creo que están Ainda baixando do autobus
 Votación cerrada

JonDillinger 05 Dic 2021, 12:53
Denunciar

A borracheira da copa, déixanos a resaca na liga; golpe que nos devolve á realidade.
 Votación cerrada

SeareiroArenteiro 04 Dic 2021, 22:01
Denunciar

A ver como sae o carallo de Fragoselo... esta semana foi un pouco rara, co descanso despois do partido contra a Gimnástica, partido entre semana e descanso o xoves. Imos con 2/3 sesións de adestramento e coa euforia do tema da Copa, que está moi ben pero coma di Señor Lobo en Pulp Fiction, non nos comamos as pollas todavía.
 Votación cerrada

JonDillinger 04 Dic 2021, 20:53
Denunciar

Ninguén mellor que a directiva sabe do estado das contas e das necesidades do clube. Sumado á carencia de luz que hoxe temos en Espiñedo, penso que os inclinará a tomar unha decisión.

Son o primeiro ao que lle encantaría medirse a todo un primeira división no Carballiño, pero entenderei calquera decisión que tomen, hai que tomalo coma o que é, un premio ao traballo ben feito. Toca saborealo e disfrutalo como sexa.

A primeira final témola mañá en Fragoselo, é onde temos que estar centrados agora.
 Votación cerrada

agmo70 04 Dic 2021, 20:46
Denunciar

Eu comprendo a vosa postura e sexa como sexa moita sorte. Entendo que a miña postura é máis obxectiva e menos sentimental.o fútbol e moito máis hoxe son cartos. Eu coido que o clube debería poñer autobuses para esa xente da que falades e cuns prezos asequibles pódese facer unha gran entrada no Couto, que tamén ten aquilo de facelo aí. Son moitos cartos, e se falamos dos bares....en fin o dito sorte, se é aquí irei a ver o partido.
 Votación cerrada

CARLJOHNSONMAD2 04 Dic 2021, 16:25
Denunciar

Se queredes un bo cesped, en Xinzo na Moreira ;)

Fora de broma. Noraboa ao Arenteiro e sorte contra o Valencia.
 Votación cerrada

Roblecito2018 04 Dic 2021, 14:32
Denunciar

Aínda que soe romántico, hai cousas máis importantes que os cartos, como son os sentimentos dunha afición polo seu equipo, polo seu pobo. Toda a ilusión que hai nestas horas pola copa baixaría un pouco si o partido se celebrase ó final no Couto. Non sería o mesmo, insisto, hai un precedente, hai anos co Elche, e non foi o mesmo.
En todo caso, vai ser unha festa, un momneto histórico, que a afección do Arenteiro merece, e dende logo o resultado vai a quedar nun segundo plano pola evidente diferencia de categorías dos dous equipos. Forza Arenteiro
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 04 Dic 2021, 12:40
Denunciar

Parece lóxico pensar que maior entrada vaise a facer en Ourense.

Pero hai que valorar máis cousas.
- Un núcleo importante dos socios do Arenteiro son xente de idade para os que ir a Ourense é un trastorno. ¿Merecen eses socios que comeron primeira rexional sin abandonar o equipo que o día máis importante da historia do clube haxa que emigrar a Ourense?
- Contra o Logroñés non puiden pero seica no campo había xente do pobo que días antes non sabía onde estaba Espiñedo. ¿Por que non aproveitar estes partidos para enganchar a esa xente? ¿Vanche ir a Ourense si xa lles custa ir ao Carballiño?
- O Arenteiro é o equipo do Carballiño. Nas boas e nas malas. Non é de recibo que nas malas sosterse nos 100-150 da primeira rexional e nas boas tirar para Ourense.
- As remotas opcións de pasar a eliminatoria tamén penso que son maiores xogando no Espiñedo que no Couto. Sendo 2 lameiros, Espiñedo leva a palma e a xente está algo máis pegada ao campo.

Isto tamén hai que telo en conta. Se miramos o cash, penso que a mellor opción e Ourense. O clube é o que ten que decidir. Poñer nunha balanza os cartos e noutra os seus socios e ver que é o mellor. Eu tamén podo entender que se cadra ao clube os presumibles ingresos do Couto lle arreglan a tempada.

Cada un ten as súas circunstancias. No meu caso (xogue onde se xogue) o partido implica facer 100 kilómetros e pedir a tarde no traballo. Para ver Espiñedo ateigado de xente como nunca se veu no seu día máis sinalado en 60 anos,pido a tarde. Para ir xogar a outro campo véxoo pola televisión. Levo anos vivindo fora e ante todo son carballiñés. Cada vez me unen menos cousas co pobo e una de elas é o amor polos colores verdes. No intre no que este clube abandone a súa esencia para mín deixa de ter sentido ser do Arenteiro.

Entendería que non se puidese xogar en Espiñedo porque non se cumple coas esixencias federativas ou das televisións. Entendería que o clube optase por facer caixa para salvar a tempada. Pero logo, cando voltemos ás categorías nas que nos corresponde estar pola vila que somos, que non sorprenda que a xente se borre.
 Votación cerrada

agmo70 04 Dic 2021, 12:27
Denunciar

Pesuleakov niso tes toda a razón...portada no marca ao día seguinte..e menos mal que non leva a chover moito. De todos modos o couto a dia de hoxe non é mala opción, pois é probable que u.d ourense non sigue polo Covid o próximo domingo co cal o campo dentro do malo estaría aceptable. Agardemos que a todo isto non miden as restriccións
Editado 04 Dic 2021, 12:28  Votación cerrada

Pesuleakov 04 Dic 2021, 12:14
Denunciar

E igual total a imaxe e de pena calquera que sexa a decision, o couto e espiñedo semellan duas escombreiras
 Votación cerrada

agmo70 04 Dic 2021, 09:55
Denunciar

Pinocho, sería unha cuestión de estudio a parte posibles problemas de televisión e radio. Eu contoche o que farei eu sendo de Ourense e supoño que coma min haberá máis casos, si se xoga en carballiño non irei e si se xoga en Ourense pois si vou. Entendo que a directiva se ve a posibilidade de facer cartos xogará en ourense e debería poñer autobuses dende Carballiño. Máis ao mellor non vai tanta xente, quizais dependa dos prezos
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 04 Dic 2021, 05:24
Denunciar

Supoño que tera que estudialo a directiva pero o Valencia non creo que meta moita mais xente no Couto. Quitalo do Carballiño so compensaria co Mandril e co Farsa. Eu iria velo a ver si caia algun dos supraterrenales... Dependendo do precio, claro
 Votación cerrada

Tineo1941 ha borrado su comentario

agmo70 03 Dic 2021, 20:52
Denunciar

O partido ten pinta de xogarse no Couto.
 Votación cerrada

Paco_Mentarista 03 Dic 2021, 18:35
Denunciar

O Templo leva agardando pacientemente este día dende hai máis de 60 anos. Con todo o que leva pasado merece esa ledicia.
Se o Couto vale, Espiñedo tamén ha de valer. O Arenteiro é do Carballiño decía o clube no facebook. A ver se é verdade. Xa solo a tranquilidade de poder ir cos nenos ao campo sin que che toque ao lado algún cornUDO dos que están procesados...
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 03 Dic 2021, 14:17
Denunciar

ESPIÑEDO A REVENTAR
 Votación cerrada

LOQUEYOTEDIGA 03 Dic 2021, 14:16
Denunciar

ESTE ESTA PRETO DOS INTOCABLES.... POR NOME...
Editado 03 Dic 2021, 15:09  Votación cerrada