Boas, non sei por onde empezar, hai cousas que dicides coas que coincido e outras que nin por asomo. Eu vin un partido igualado, con pouco ou ningún fútbol, con dúas oportunidades de cada equipo, eles marcaron nun córner e nun erro noso no desconto, e nós fallamos un penalti (que non sei se sería) e a de Rubén, o partido era de 0-0. Superior o Bande? si, posto que se xogou máis ao que pretendían eles e acertaron nas ocasións. Falta de actitude?, eu non a vin, eu o que vin é que nos faltaba Xurxo para sacar a pelota, e que nos faltaban Omar, Diego e Toni (lesionado) para facer xogo no medio do campo, e Cristian para buscar entradas en velocidade. Podedes entendelo como excusa, xustificación ou explicación, a gusto do consumidor, pero se digo que Aitor e Julio non son creadores de xogo non creo que diga ningunha barbaridade. Sobre Iván González, se preferides a un adestrador que berra, protesta, monta un show, e basea todo en anular ao rival en lugar de facer xogo, alá vós, estades no voso dereito, pero polo que a min respecta, o día que adestre ao Ourense "un Iván González" (non é o único), eu deixarei de ir ao campo, eu non vou para ver iso. É unha opinión persoal, non un dogma. E para rematar, a miña conclusión, se a vindeira temporada queremos competir polo ascenso precisamos reforzos e fondo de armario, e iso hai que pagalo, así que non sería mala idea ir vendo canto se necesita para facer un plantel que poida aspirar ao ascenso, outra opción sería unha temporada de transición, pero a partires de agora, se queremos calidade, imos ter que pagala. Saúdos.
Votación cerrada