"Polo río abaixo ven, unha troita de pé". Mecachis, xusto me colledes salindo da ducha e con Pratos Combinados na tele. Vaia semana esta! Estiven desde o martes ata hoxe en Washington, na América. Cando seibaba o outro día as jaliñas apareceron dous homes pola horta. Dixeronme que eran agentes do FBI e preguntáronme por un tal Manuel Schmidt Leverkusen. Dixénlles que non sabía quen era ese home e enseñáronme unha foto del en blanco e nejro. Carallo, era meu abuelo Manolo! Era xoven e melenudo e detrás del salía a Estatua da Libertad. Nunca me contou que estivera alá, pero bueno, en realidad botaba mais tempo no bar da Praia que na casa e cando volvía trababaselle a lencua, ta, ta, ta tatexaba e non había quen o entendera. Según a investigación do FBI, meu abuelo naceu en Dresden, en Alemania, e combateu cos nazis na Segunda Guerra Mundial. Cando veu todo nejro e sabía que iban a perder (como o Bealo mañán na Fieiteira) escapou para a América e cambiouse o nombre a Manolo Pateira, en honor á pedra onde iba ás nécoras co meu bisabuelo Perfecto, de nombre, que de perfecto non tiña nada porque tamén era medio borracho. Bueno, contáronme os agentes que meu abuelo Manolo estivo en Estados Unidos cinco anos. Traballaba de camarero nun restaurante de Manhattan, onde comían altos cargos da diplomacia americana. Cando xa levaban uns cuantos chupitos, os yankis soltaban fantasmadas e de todo pola lencua, como os que veñen no verán a Palmeira, secretos inconfesables do país incluidos. Meu abuelo, que non sabía ler porque non queria, pero si escribir, apuntaba todo e mandábanllo aos alemanes por código morse. O que me dixeron os agentes é que levaban décadas buscando por el por un delito de revelación de secretos, pero que lles escapou. Primeiro localizarono en México, onde se fixo chamar Manuel Jalapeño; pero fugouse en barco a Buenos Aires, onde se fixo pasa por enjrasador e se cambiou o apellido a Maradona. Tuvo outro fillo alí, un tal Diego que xojaba ao fútbol, un deporte que aínda está por chejar a Cures. Despois pasou por Australia, esa historia xa vola contei, e por último chejou a Castiñeiras a onde miña abuela Maruja. Por culpa del detuvéronme e estiven cinco días sendo interrogado. Como tortura puxéronme todos os partidos do Rotogal Boiro e do Crocha da temporada pasada, e tamén varias sesións de Dj Matrek dicindo en bucle "venga, esas manos arriba". Pensei morrer. Bueno, ao lío, dixenlles que non sabía nada, que meu abuelo Manolo morrera facía 20 anos e mandeinos ao Bar da Praia e á de Armando, que é onde máis tempo pasaba. Ao final soltáronme e regaláronme unha sudadera porque dixéronme que mañá chove en Pomar do Río. A ver si dou chegado alá. Bueno, que sempre me lío e solo quería poñer o prognóstico: empate na Alta. Según me dixeron, aos dez pases seguidos o árbitro ten que parar o partido e toda a xente do campo aplaudir. Igual se escoitan un ou dous aplausos durante a tarde. Fútbol.