Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.
Avisar de información errónea
¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.
CD Sar e Xuño xogan en Extramundi onde os locais xóganse facer os deberes e estar á expectativa na última xornada ou inclusive si o Carreira fai un favor proclamarse campeóns e ascender directamente neste último partido que xogan, xa que descansan na última xornada de liga.
Os blanquivermellos gañaron moi fácil 0-5 en Cures. Iban 0-2 xa ó descanso e aparte o porteiro do Cures foi sustituido á media hora de xogo polo que o capi tivose que poñer de porteiro. Dani Ramos e Teiga entre os máximos goleadores da liga con 16 e 22 goles sendo este último pichichi da competición.
O Xuño ven de descansar pero intentarán dar guerra máis aínda vindo de vencer ó Cures na xornada antes de que descansasen por 4-2.
Como nesta xornada un dos equipos acaba a súa participación en liga imos cas opcións que teñen neste último partido que xogan.
OPCIÓNS DO SAR EN LIGA:
- Si GAÑA:
* En caso de victoria e victoria do Abanqueiro fronte ó Carreira para ascender ten que empatar ou perder o Abanqueiro no Son na última xornada.
Outra opción de ascenso directo do Sar e que o Abanqueiro non gañe contra o Carreira co que na última xornada non se xogaria nada no Porto do Son - Abanqueiro.
Con calquera destas 2 combinacions ascenso directo para o CD Sar.
Si gaña o Abanqueiro os 2 partidos ascenso directo para o Abanqueiro.
- Si EMPATA:
* A cousa pode quedar vista para sentencia tamén. Si o Abanqueiro gaña ó Carreira empatarían a puntos e ascenden os laranxas por golaverage particular (2-4 en Extramundi dos de Boiro e 1-2 do Sar en Vista Alegre) e non faría falta a última xornada. Si empata ou perde o Abanqueiro queda todo para a última cita en liga onde teria que gañar si ou si o Abanqueiro no Son.
- Si PERDE:
* O CD Sar despediríase do ascenso directo si gana o Abanqueiro. Si empata valeríallle ó Abanqueiro a victoria e o empate no Son a semana que ven.
Todo pinta a que o Sar fará os deberes e obligará a facer os seus ó Abanqueiro.