"Rematada" a liga e sacadas conclusións da clasificación e resultados... Vamos a facer un pequeno repaso.
- Na zona alta da taboa, a falta de decir quen será primeiro ou segundo, os integrantes da zona de ascenso están decididos.
O Silleda con paso firme, a pesar do seu baixon a mediados da segunda volta parece ser o favorito para proclamarse campión, bo equipo e competitivo que, a priori, vai ser o gran favorito o ascenso, ainda que cando lle entran as dudas... Ollo... Seguramente pensamos máis do que somos.
O Estradense B é un equipo que desconcerta, capaz do mellor e do peor (ainda que hoxe estivera amañado o resultado, para asegurarse a fase) fora da casa sufren demasiado e ben certo é que os equipos que van xogar a Estrada so polas dimensións do campo e o seu xogo sintense "pequenos" ainda así por equipo e plantel merecido loitar polo ascenso.
O Rodeiro, como veu a máis o Rodeiro, unha racha incrible de victorias que lle aseguran o tercero posto, un equipo que na casa é compricadisimo, non so gañarlle, senon sacar algún punto, co mellor xogador da categoría (Ovidio) e cun equipo moi cheo de moral, moito ollo que non acabe sendo equipo de primeira, por certo, hoxe desprazeime a Raña, e envidia de afección con un campo a rebentar de xente, parabens!!!
-Na zona media: aquí atopamos as grandes decepcións, tanto lamela como cire, eran equipos pa estar máis arriba na taboa, Simal segue demostrando que é un pésimo adestrador alo por donde vai e no cire coa "fuga de talentos" xunto a unha mala racha deixou escapar as suas opcións, para min os equipos que peor nota sacan da templada.
O Vea, fixoselle costa arriba a segunda volta, ainda así un equipo que hai duas/tres semanas era líder non pode ter ese baixon se o seu obxectivo é o ascenso, un equipo seguro atrás cun gran porteiro, sabendo o q xoga pero carente de gol e xogadores arriba que decidan partidos.(non merecen a fase de acenso)
O Laro pola sua contra falto de efectivos todalas xornadas, o cal parece que se lle quere desmontar o chiringo o "adestrador" de mentira que ali teñen(non sei como a federación e os árbitros permiten isto) pero bueno eso é outro tema, que non se descoiden na loita polo descenso...
Na zona biaxa: aquí o previsto equipos todos eles que non demostran o nivel da categoría por moito que este ano a ano sexa cada vez menor. San mamede e Berres moii frouxos, por non falar de Cruces e Val do Ulla que claramente son doutra categoría.
Que deus reparta sorteo.
Forza Silleedaaa!!!
Votación cerrada