Miércoles, 6 de Abril de 2016

LigaFan: Ligas Fantásticas Amateur

Próxima jornada de liga

Lunes, 11 de Abril de 2016
Información general de la liga
REGULAMENTO DA XXVIII LIGA FÚTBOL SALA DE SANTA COMBA SENIOR 2016 E XII TROFEO CONCELLERÍA DE DEPORTES

PARTICIPANTES:
O número de equipos será de 14 contando cada equipo cun máximo 12 xogadores e un mínimo de 7, non podendo darse de baixa a ningún xogador ata que estén fichados os 12.
A idade mínima dos jugadores para poder participar na competición é de 16 anos debendo presentar unha autorización paterna.

As novas incorporacións non poden haber estado inscritos noutro equipo da presente liga de fútbol sala do Concello de Santa Comba.

Despois de fichar ós 12 xogadores, só se poderá dar de baixa a 2 xogadores durante toda a liga, podendo ser substituídos por outros 2.

INSCRICIÓNS NA LIGA:
O prazo de incricións de equipos na liga comezará o vindeiro 28 de Outubro ata ó 29 de Decembro.
Para dar de alta ós xogadores será necesario presentar 2 fotos e unha fotocopia do D.N.I.
O prazo de novas incorporacións remata o final da primeira volta non podendo facer máis fichaxes.

COTA DE PARTICIPACIÓN:
A cota de inscrición é de 225€ por equipo.
O importe da cota debe ingresarse no número de conta que se lle facilitará.

SISTEMA DE COMPETICIÓN:
O sistema de competición de liga será unha soa volta, clasificándose a primeira metade para xogar unha liga polo título da XXVIII Liga de Fútbol Sala Concello de Santa Comba.
Os restantes equipos desputarán o Trofeo da Concellería de Deportes.

SISTEMA DE PUNTUACIÓN:
3 Puntos Partido Gañado.
1 Punto Partido Empatado.
0 Puntos Partido Perdido.

CLASIFICACIÓN NO CASO DE EMPATE:
Si ó rematar a competición na primeira fase hai un o máis equipos co mesmo número de puntos na clasificación xeral, quedará primeiro aquel que houbese ganado a confrontación mutua. En caso de seguir igualados, decidiráse ó resultado de restar a suma total de goles a favor e de goles en contra dos equipos en cuestión (golaverage). Si persistise o empate, sería primeiro o que houbese conseguido maior número de goles en todos os encontros disputados.
Na Fase Final, o equipo mellor clasificado, sempre que se xogue polos postos de privilexio (1º,2º,3º e 4º), será o que acadou nos seus enfrentamentos directos a victoria, si o resultado fóra de empate, xogaríase un partido de desempate con penalties si fose necesario.

COMEZO E FINAL DA COMPETICIÓN:
A liga comezará o vindeiro 11 de xaneiro de 2016 de rematará no mes de maio.

PAVILLÓNS E HORARIOS:
Os partidos desputaranse 3 cada día nos Pavillóns Municipais de Fontenla e/ou Traba en horario de lúns a xoves a partir das 21.00h.

PREMIOS DA XXVIII LIGA DE FÚTBOL SALA 2016
1º Clasificado de liga: agasallo e trofeo.
2º Clasificado de liga: agasallo e trofeo.
3º Clasificado: agasallo e trofeo.
4º Clasificado: trofeo.

PREMIOS DO TROFEO DA CONCELLERÍA DE DEPORTES
1º Clasificado: trofeo.
2º Clasificado: trofeo.

OUTROS PREMIOS
Trofeos de máximos goleadores.
Trofeos ós porteiros menos batidos.
Trofeo Equipo Máis Deportivo.

COPA 2016 DE FÚTBOL SALA
Ó rematar a liga xogarase a Copa.
Ningún xogador que non estivese inscrito na liga antes do remate da primeira volta non pode participar na Copa.

CLASIFICACIÓN PARA A COPA 2016 DE FÚTBOL SALA
Clasificaranse directamente para a Copa'16 todos os equipos que desputen a liguilla polo título da XXVIII Liga do Concello de Santa Comba e o Trofeo da Concellería de Deportes, pasando a cuartos de final os dous primeiros clasificados da liga. O sorteo de copa será libre e público.

PREMIOS DA COPA 2016
1º Clasificado: trofeo de campión
2º Clasificado: trofeo de subcampión.
3º Clasificado: trofeo.
4º Clasificado: trofeo.

COMITÉ DE COMPETICIÓN:
Existe un Comité de Competición encargado de estudiar e sancionar as incidencias que se produzan o largo da competición, impondo no seu caso as sancións que regramentariamente procedan.

SUSPENSIÓN DE PARTIDOS:
Nos encontros non iniciados, os árbitros esperarán 5 minutos de cortesía do horario de comezo do partido, si nese tempo os equipos non se presentaran ou non reunisen ó número de xogadores mínimos esixidos, darán por suspendido o encontro. Ditos minutos de cortesía descontaránse do tempo oficial do descanso.
Os partidos suspendidos, serán sancionados coa pérdida do encontro por tres goles a cero e a resta de tres puntos da clasificación xeral do equipo non presentado. Si son ambos equipos os que non se presentansen sancionaráse con 4 puntos a ambos equipos, sendo o resultado final de empate a cero goles.

SANCIÓNS:

- A Oficina Municipal de Deportes comunicará, ó finalizar cada xornada, ós Delegados dos equipos as sancións que correspondan a cada xogador do seu equipo.

- Os Delegados de equipo están obrigados a levar o control das sancións dos seus xogadores.

- Os partidos non podrán cambiarse de data de xogo, horario ou instalacións, a petición dos equipos interesados. Esta é unha facultade exclusiva do organismo organizador do Torneo.

- É obrigatorio presentar os árbitros, antes do comezo dos partidos, as fichas dos xogadores para a sua identificación.

RÉXIMEN DISCIPLINARIO:
1 Partido de suspensión:
• Por descalificación no encontro. (tarxeta vermella direta).
• Por descalificación no encontro. (dúas tarjetas amarillas).
• Acumulación de cinco tarxetas amarillas en distintos partidos.

2 Partidos de suspensión:
• Descalificación por menosprezo, ameazas ou insultos verbais a un contrario.
• Descalificación por menosprezo ou observaciones ó árbitro.
• Descalificación por xogo perigroso leve.

4 Partidos de suspensión:
• Descalificación por ameazas ou insultos verbais ó árbitro.
• Provocar a animosidade contra o árbitro ou o equipo contrario.
• Descalificación por xogo perigroso grave.

6 Partidos de suspensión:
• Descalificación por agresión leve a un contrario.
• Descalificación por agresión leve ó árbitro.
• Alineación indebida por estar sancionado.
• Alineación indebida por non estar dado de alta no equipo.
• Alineación indebida por duplicidad de ficha.

Suspensión de temporada:
• Por acumulación de tres tarjetas vermellas directas, resto de temporada.
• Cando o estime o Comité de Competición, por feitos motivados.

Suspensión Indefinida:
• Descalificación por agresión grave a un contrario.
• Descalificación por agresión grave ó árbitro.
• Reincidencias graves en sancións.
• Cando o estime o Comité de Competición, por feitos motivados.

Os equipos:
- A duplicidade de ficha ou alineación indebida conleva a pérdida do encontro/s por (3 - 0) nos que participou o xogador e a resta de tres puntos na clasificación xeral do equipo por cada duplicación ou alineación indebida, sempre que haxa unha reclamación dentro das 24h. posteriores ó remate do encontro ante o Comité de Competición ou Oficina Municipal de Deportes.

- O equipo que non se presente a tres xornadas na tempada, sin motivos xustificados con antelación, será sancionado coa expulsión da Competición.

REGRAMENTO DE XOGO:

Todo o non tipificado neste regramento rexirase polas Regras de Xogo do Futsal (FIFA), (es.fifa.com).

O EQUIPO CAMPIÓN DA XXVIII LIGA DE FÚTBOL SALA PODERÁ REPRESENTAR Ó CONCELLO DE SANTA COMBA, EN TORNEOS INTERMUNICIPAIS ACREDITADOS.

6 seguidores

Administradores

RUP
RUP