Viernes, 29 de Noviembre de 2019
  •     Belén, Maribel, Sonia, Anita

LigaFan: Ligas Fantásticas Amateur

Próxima jornada de liga

Viernes, 6 de Diciembre de 2019
Información general de la liga
O xogo consta de 9 bolos colocados en liña.
Cada xogo consta de tiro máis desquite. Tiran as dúas xogadoras e a continuación desquitan as dúas. Repítese o proceso ata que unha das dúas gañe o xogo.
Cada bolo puntuará segundo a última liña que rebase completamente. Se queda tocando a liña non conta como pasado.
As liñas que se consideran para este torneo son as de 10, 15, 20 e 25.
Os bolos que se tiren pero non rebasen ningunha liña contan 3 puntos cada un.
A liña de desquite é a de 10 para as mulleres e a de 15 para os homes.
No primeiro xogo comezará a tirar a xogadora que aparece en primeiro lugar no calendario.
Nos seguintes xogos, comezará a tirar quen perdera o xogo anterior.
Gañará o xogo a primeira que chegue a 90 tantos.
Gañará o partido a primeira que gañe 3 xogos.
Para determinar a clasificación terase en conta o número total de xogos gañados.
En caso de empate entre dúas xogadoras decidirá o resultado do enfrontamento entre elas.
Se o empate é entre máis de dúas xogadoras, decidirán os seguintes criterios por orde:
1) Partidos gañados e perdidos entre as xogadoras empatadas
2) Xogos gañados e perdidos entre as xogadoras empatadas
3) Xogos gañados e perdidos por cada xogadora no total da liga
4) Partido de desempate
Cada criterio aplicaráse de xeito excluínte, é dicir, se un criterio resolve un empate, os seguintes criterios aplicaránse só ás xogadoras que continúen empatadas.

As catro primeiras clasficadas xogarán entre elas polo título.

As datas que aparecen no calendario son orientativas, e poderán variar por circunstancias como a dispoñibilidade dos xogadores ou a climatoloxía.

1 seguidores

Administradores

SiareiroRiotortoCF
SiareiroRiotortoCF