Información general de la liga
Información xeral da liga
Liga Galega de Bolo Tradicional por Parellas é unha competición de bolos celta que se disputa na provincia de Lugo (E), entre os meses de abril e xuño de 2025.
A competición está organizada nunha soa categoría. É un sistema de Liga, a doble volta, entre 3 equipos.
Cada equipo está formado por tres (tripleta) de parellas (dupleta).
En cada partido entre clubs (encontro) xóganse tres puntos.
Cada encontro ten tres enfrontamentos (de dupletas) para disputar 1 punto cada un.
Gaña o enfrontamento a dupleta que consiga antes 3 xogos. Cada xogo é gañado pola dupleta que antes acade os tantos marcados de corte.
Os puntos acumulados na clasificación de cada equipo corresponden ás victorias conseguidas polas dupletas.
O equipo que ao final de temporada consiga o maior número de puntos, gaña a Liga.