Descripción general del club

Rúa 5, 13A, 32901 Polígono San Cibrao das Viñas, Ourense

A historia do noso clube comeza no ano 1975 co nome de C.D. Mesón de Calvos, ano no que é fundado e no que empeza a súa andaina deportiva en Terceira Rexional, xogando no campo do Monte Alegre na Zamorana, San cibrao das Viñas, onde xoga a primeira tempada. Na tempada 1976-1977 pasa a xogar no campo da Reguenga onde se consegue ascender a Segunda Rexional. No 1982 ascéndese a Primeira Rexional, a cal era a nivel de Galicia. En 1985 o equipo vese obrigado a descender a Segunda debido á fuga de xogadores para outros equipos, feito que permitiu a incorporación dos xuvenís ao primeiro equipo.

No 1987 o clube múdase ao actual campo municipal do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
intre no que se produce o cambio de nome a Calvos-Polígono por iniciativa dos empresarios daquela que buscaban promoción do polígono de San Cibrao das Viñas a través do fútbol, diventando nos seguintes anos a chamarse finalmente A.C.D. Polígono San Cibrao, nesta tempada 87-88 conséguese o ascenso, para voltar de novo a Segunda ao ano seguinte. De novo no ano 90 acádase o campionato de Segunda e ascendese a Primeira Rexional. No ano 1995 o Polígono acada o campionato de Primeira Rexional e ascendese a Preferente onde permanecería as seguintes catro tempadas. No 2000 volve a ser o Polígono campión de Primeira Rexional e volve ascender a Preferente onde permanecería dous anos máis. No ano 2012 producese unha renovación das instalacións, pasando o campo Antonio González Blanco a campo de herba artificial, por último na tempada 2015-2016 acádase o subcampionato de Primeira rexional e ascéndese a Preferente, feito a mencionar é que ao longo de todos estes anos o Polígono consegue tres subcampionatos da copa diputación.

Sen dúbida, todo este tempo de aventura deportiva débese a todos aqueles que dun xeito ou doutro participaron da marcha do noso clube, dende os xogadores ata a directiva, pasando por todos os socios, traballadores e empresas colaboradoras, así como aficionados que fixeron posible a existencia do Polígono, mención especial para Antonio González Blanco polo seu traballo e dedicación, en honor do cal leva nome o campo municipal casa do A.C.D. Polígono San Cibrao.
Administradores

Facebook

Twitter