Liga Galega de fútbol gaélico D2 está composta nesta temporada 2015-16 por 6 equipos: Ártabros de Oleiros, Braithreachas, Keltoi Vigo, Auriense, Dorna e Herdeiros de Dhais. A liga xógase a 2 voltas entre o 19 de setembro e o 9 de abril. O 1º clasificado será o campión da D2 e ascenderá á D1 e o 2º e 3º clasificado xogarán unha eliminatoria onde o gañador se enfrontará na eliminatoria final ó 4º clasificado da D1, onde o gañador xogará a vindeira temporada na D1.