Título e play-off, todo por decidir

Título e play-off, todo por decidir

   A Terceira Autonómica no seu Grupo 6 (Barbanza), afronta a recta decisiva con todo por decidir, e é que a pesar de que na derradeira xornada desputada, o Abanqueiro abriu fenda, non está nada decidido.

Parece que nas Terceiras Autonómicas da comarca de Santiago é donde as ligas están máis abertas a 4 xornadas para o remate. Para mostra o grupo costeiro do Barbanza que aglutina aos concellos de Lousame, Porto do Son, Riveira, Boiro, Pobra e Rianxo.

   O Abanqueiro líder, con cinco puntos sobre o segundo

O calendario semella que lle é favorable, xa que visitará o campo do colista.  Nebra é a primeira parada antes dun partido que se antolla vital na loita polo campionato, xa que Abanqueiro e Porto do Son separados por seis puntos, poden abrir ou pechar a loita polo título definitivamente.  A visita a Portosín e o partido ante o Cures, serán vitais se os de A Charca caen ante o Porto do Son, xa que estaría prohibido fallar, incluso cun empate non terían asegurado o campionato.  Se gañan ante os sonenses, terían o título na palma da man.

O Baroña, soñando co picazo abanqueirista

Recén acadado o segundo posto, os do Castro poden soñar con alcanzar ao Abanqueiro, pero para iso, precisan gañar a Crocha e Araño, cuarto e quinto.  Visitarán A Pobra, sabendo que será complicado que o lider pinche no campo do derradeiro clasificado, pero o partido ante o Araño pode ser dos máis ilusionantes para os do Son.  Unha victoria dos veciños en Abanqueiro, apretaría a liga e vencendo aos de Rianxo a xornada podería rematar co liderado a dous puntos.  Despois, visitará ao penultimo e recibirá ao colista, sempre mirando o que fagan os de A Charca.

O Porto do Son, un paso atrás para ter que dar varios para diante

O empate no derbi ante o Goiáns, obriga aos sonenses a depender de dous equipos.  Coa victoria ante os de Portosín, o campionato dos sonenses pasaba por vencer en Abanqueiro e agardar un empate dos boirenses, pero agora están obrigados a gañar en A Charca e agardar outra derrota ou dous empates dos líderes.  Recibe ao Cures, visita Abanqueiro, recibe ao Carreira e remata no campo do Olveira.  A priori, dos tres aspirantes ao título é o que ten o calendario máis complicado, xa que Cures e Carreira, sexto e sétimo estanse xogando a promoción.

   O play-off, catro equipos para dous postos

Os dous que non acaden o primeiro posto, terán que ir ao play-off de ascenso, no que se medirán segundo contra quinto e terceiro contra cuarto.  Crocha (30 puntos), Araño (29), Cures (28) e Carreira (26) aspiran a esas dúas prazas restantes.  A priori, semella que o calendario máis facil será o do Carreira, que visitará ao Porto do Son na penúltima xornada, e os outros tres partidos son ante tres dos catro últimos (Goiáns, Cruido e Nebra).  Araño-Crocha, tamén na penúltima xornada, será o plato forte da loita polo play-off no que queda de liga.