TABOADA CF 4-CHANTADA ATLÉTICO 2
Derbi de urxencias que se viu reflectido desde os primeiros intres,con dous equipos buscando o marco rival con insistencia,polo que se estaba a ver un partido moi aberto e vistoso.A primeira ocasión foi local cun disparo axustado de Emilio.Contestou o Atlético cun disparo dun adiantado Lois que se espetou no longueiro con violencia.Antes dos quince contratempo local, tivose que retirar un desafortunado Marcos coas lesións,esta vez por un pinchazo muscular,pero que lle impediu continuar.Na xogada seguinte a sua retirada no 15′ golpe franco favorable os locais ,sobre a frontal,que foi executado de xeito maxistral por Fabio,entrou por toda a escadra,golazo.1-0.Puido ter continuidade este gol logo dunha xogada por banda dereita e remate de testa de David Montes.Os chantadinos repuxeronse de seguida e Adri no 24 ‘ e en xogada individual e tras driblar a Pablo e en posición inmellorable disparou desviado.No 31’ gran xogada combinativa levada por Mosqui ,que asiste a Noé que se coloca o balón e bate a Alex Moure,outro enorme gol.No 35 ‘contestou o Chantada Atl. gran xogada por banda esquerda de Dani,que asistiu a Adri que se desfixo de Pabloe logo só tivo que empurrala,gran gol tamén2-1.Igualouse tralo gol o partido ,xa de por si parello,moito máis neste tramo final da primeira.Non houbo nada salientable en canto a ocasións nestes últimos minutos.
O segundo período comezou algo màis trabado e máis caótico ca vistoso,non por iso menos entretido,emotivo foi ata o final.As ocasións fixeronse de pregar,algún balón parado ou faltas laterais,pero cero disparos entre os tres paos.O xogo desenrolábase no medio campo onde os dous equipos despregaban unha grande pelexa.Rompeuse esta dinàmica tras unha falta sobre Adri na frontal, no 65′ encargouse do lanzamento Tapi,que cun espléndido chut alcanzou a igualada 2-2′.O gol asentou moito o xogo dos visitantes que se fixeron co control e chegaban con màis perigo.Revertiuse a situación no último cuarto,onde os locais se fixeron coa situación,e así no 80 unha contra fulgurante levada por David Montes concluiuna cun centro sobre o balcón do área donde Ivi que levaba un minuto sobre o campo e despois de regresar dunha longa lesión,controlaba e no man a man co seu amigo Alex Moure resolvia pra facer o 3-2. A melloria local fíxose máis notoria nos minutos que quedaban,onde non pasaron apuros e poideron incrementala vantaxe,namentras aos visitantes pesaballes coma unha lousa ise terceiro gol .Así as cousas no 88′ a saida dun còrner e tras unha serie de rexeites Mosqui foi o màis listo e acadou coa testa o 4-2,un gol importantísimo pois fainos gañar o gol average particular ;polo que a victoria inda que en realidade foi de tres puntiños, a fin de contas vale catro puntazos.
A semana que ven outro derbi de rivalidade comarcal de dous planteis moi igualados tamén na clasificación ,no Irmáns Somoza AD BÒVEDA CF -TABOADA CF.