O As Pontes deu un paso de xigante cara o ascenso tras vencer apuradamente na tarde de hoxe á que era a gran revelación da temporada, a Sarriana, por dous goles a un.
E iso que pronto se lle puxeron de cara as cousas ós locais, pois tras unha internada de Pardo por banda esquerda, o tanque de Ortigueira desfaise do seu marcador e bate ó porteiro de forte tiro raso (13´).
Pero de aí ó descanso houbo alternativas para ambos equipos. Co habitual arriscado xogo cara atrás do cadro local, Rego, que a dicir verdade foi o mellor defensa do partido, non se da conta que tiña un dianteiro por detrás del, que lle rouba o balón, e no disparo de Rubén salva providencial co corpo Martín (17´).
O propio Rego cabeceou alto unha xogada de estratexia (20´), ao que seguiron uns minutos de asedio visitante, cun tiro de Busi que se pasea pola área local e a piques está de empalar Quiroga (24´), un remate de Marzán que marcha a córner por pouco (25´), e tras unha perda de Toni no medio campo Joao acaba rematando a rentes do pau (27´).
Sacudiuse un pouco a presión o equipo azul e o propio Toni tras unha xogada elaborada dispara fora por moi pouco (29´), e a continuación chegou a ocasión máis clara dos locais, tras un magnífico pase en profundidade a Alex, que controla e regatea ó porteiro, pero non consigue marcar xa que saca un defensa baixo paus (34´). Cunha ocasión xenerada por Quique (43´) chegouse ó descanso, antes do cal tamén puido ver o segundo cartón Fernando.
No comezo do segundo período Busi quedou só pero non rematou de primeiras e botouselle un defensa enriba (47´). O dominio seguiu sendo alterno e respostou Dani cun remate de cabeza desviado (66´), e logo é Fidi quen fai estirarse a Javi e o rexeite do balón colleo Dani, pero o seu disparo blocao un defensa (69´).
Foi o xogador de Viveiro Fidi, quen tras varios regates e cun disparo cruzado dende o borde da área sorprendeu a Javi e puxo o 2-0 no marcador (77´). O equipo visitante foi a polo gol e pronto a piques estivo de marcar Quiroga pero salvou milagreiramente Paco cunha boa saída (78´).
Sen embargo despois foi o cadro local o que puido sentenciar. Falta lanzada por Bossa que obriga a estirarse a Javi (80´), e a continuación tras un gran centro de Carlos, cabecea Pardo e fai unha parada milgreira Javi (82´). Pero foi a Sarriana co tempo cumprido quen recurtou distancias tras un balón que vai cara a porta baleira e acaballe gañando a partida Quiroga ao defensa, que chegou moi forzado (90´).
No tempo de desconto aguantou o As Pontes que incluso puido marcar nunha xogada na que nin Carlos nin Fidi acabaron por rematar a portería (91´). Suman tres magníficos puntos para rematar a primeira volta con 54 puntos, por 41 do Viveiro, 40 do Arzúa, 38 da Sarriana e 37 do Noia. Novena vitoria no Poboado, por un empate e un triunfo visitante.
CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Martín, Adrián, Quique (Dani 46´), Toni (Bossa 46´), Carlos, Fidi, Pardo (Trillo 87´).
SD Sarriana. Javi, Edgar, Luisma (Manu 78´), Núñez, Rubén, Marzán, Quiroga, Fernando (Álvaro 46´), Alex (Meko 46´), Joao, Mauro (Chavea 78´).
Árbitro: Pedro Oreiro Hermida (A Coruña). Auxiliado por Añón Salgueiro e Iglesias Bazarra. Amarelas a Martín, Pardo, Fernando, Rubén, Mauro, Luisma, Núñez.
Goles: 1-0, Pardo (13´), 2-0, Fidi (77´), 2-1, Quiroga (90´).
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores.