O As Pontes conseguiu este domingo medio billete cara o ascenso gracias a unha obra de arte do Mago de Viveiro Bossa nun encontro no que mereceu gañar sobradamente ante o segundo clasificado Arzúa.
O encontro comezou cun gran intento do mariscal da defensa Rego dende o medio do campo, que pillou adiantado ó porteiro e o balón non entrou por un palmo (4´), ao que respostou Diego cun disparo cruzado nunha contra (9´).
Ata que chegou o primeiro gol tras un gran pase de Fidi que cabecea Erni dentro da área, e o balón acaba entrando tras petar no longueiro conseguindo o noveno gol da tempada o ariete viveirense (11´).
Puido conseguir o segundo o As Pontes pois dispuxo de varias oportunidades, córner no que depexa Tasende o balón antes de que cabecee Martín (18´), remate frouxo á reviravolta de Carlos na área pequena (22´), tiro cruzado de Erni (25´), disparo por alto de Toni (27´), e sobre todo unha combinación entre Pardo e Fidi que non acerta a rematar este último en boca de gol (24´).
Pero, tras unha cabezada cara atrás de Manu que chapa Paco (30´), chegou a xogada na que tras máis que probable falta de Diego, acaba perdendo o balón Toni, e na contra dispara o pichichi Íker Hurtado, despexa Paco como pode e atento está ó rexeite Juanjo, para bater por baixo ó porteiro ferrolán que non puido facer nada (32´).
Antes do descanso, gran disparo de Fidi que despexa Tasende, e tralo rexeite Alex remata fora (39´), e despois dun centro de Criado, Erni cabecea por alto (45´). No reinicio do segundo período foi a polo gol o As Pontes, e Pardo encara ó porteiro que acaba atallando o seu disparo (48´).
Máis claras foron as dúas seguintes ocasións nos pes de Erni, sobre todo cando tras un centro que pelexan Carlos e Tasende, queda morto o balón e remata a bote pronto por alto coa porta baleira (49´). Pouco despois desmarcase ben o xogador de Viveiro, encara a Tasende, que acaba sacando o balón con unha perna (58´).
Foi o Mago de Viveiro Bossa o que marcou un golazo de falta polo escuadro desde uns 25 metros (72´), que acabou dando tres vitais puntos ós locais, pese a que sufriron nos últimos minutos por un Arzúa que apretaba polo empate, pero tramo final no que a ocasión máis salientable correu a cargo outra vez de Erni que remata co corpo un centro parando Tasende (81´).
O As Pontes suma 63 puntos e consigue medio ascenso, dado que ten 18 puntos e seis partidos de ventaxa sobre o terceiro clasificado, antes de encarar dúas complicadas visitas a Arteixo e San Tirso. Por detrás quedan Noia (46), Viveiro (45), Arzúa (44) e Sarriana (43´). Cuarta victoria consecutiva dos azuis ante o Arzúa, 1-0 e 1-3 a campaña pasada, e 1-2 e 2-1 nesta 2018-19.
2 CD As Pontes. Paco, Criado, Alex, Rego, Martín (Óscar 68´), Adrián, Toni (Bossa 58´), Carlos (Quique 58´), Erni, Fidi, Pardo (Ramos 79´).
1 CSD Arzúa. Tasende, Juanjo (Brais 86´), Rúa (Carril 75´), García, Íker, Manu (Parrado 77´), Diego, Puri, Álvaro, Suso, Enjamio.
Goles: 1-0, Erni (11´), 1-1, Juanjo (32´). 2-1, Bossa (72´)
Árbitro: Iván Morlán García (A Coruña). Auxiliado por Crespo Rodríguez e Ramos López. Amarelas a Rúa, Juanjo, Íker.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores.
Nova cortesía de Xose Ferreiro